Inmunizada ante o cólera
Juana María de la Vega y Martínez foi unha das mulleres máis destacadas do século XIX. Condesa de Espoz y Mina trala morte do seu marido, foi a súa vida un exemplo de espírito democrático e liberal, tanto máis difícil de poñer en práctica na España daquel tempo, dominada pola monarquía absoluta.
N
ada na cidade de A Coruña en 1805 no seo dunha familia liberal e ilustrada, as súas ideas se robusteceron ao establecer relacións amorosas con Francisco Espoz y Mina, famoso guerrilleiro durante a Guerra da Independencia (1808-1814) con quen se casa o 25 de decembro de 1821 na igrexa de San Nicolás. Os seus nomes aparecerían xa sempre unidos como a rúa e a praza en que a cidade de A Coruña perpetúa o seu recordo. Falecido o xeneral, a súa viúva, convertida na Generala, desempeñará un importante papel na vida política e social do seu tempo, incluso a nivel nacional, pois ocupou o posto influínte de coidadora e camareira maior da raíña Isabel II e da súa irmá, a infanta Luisa Fernanda, entre o 30 de xullo de 1841 e o 29 de xullo de 1843.
De volta outra vez á súa cidade natal, é na súa casa, situada na rúa Real baixo o número 56, onde os seus salóns se converten nun centro de reunións liberais de primeira orde. Tódalas noites, no salón do segundo piso, reuníanse unhas cantas persoas nunha tertulia que comezaba ás nove e acababa ás once; a cor verde dos liberais dominábao todo e é alí onde Juana de Vega coñeceu a Concepción Arenal. Ámbalas dúas calcetaban, vestidas de negro, á inglesa, sacos negros lisos e usaban mitóns de seda.

Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872) | Fonte: Fundación Juana de Vega
No caso que nos ocupa, a Generala xogou un papel fundamental durante a epidemia de cólera que asolou á cidade herculina en setembro de 1854. Xa fixera o propio durante a epidemia de fame do ano anterior, tras pedirlle o alcalde daquel entón, Juan Flórez, axuda para que a Asociación de Señoras que ela presidía acollera baixo a súa tutela o hospicio e o asilo provincial, así como un cuartel que se converteu en hospital.
Co cólera non foi distinto: pechouse constantemente nas enfermerías, escribindo a destacados médicos da época e movendo as súas importantes influencias, desoíndo incluso os consellos dos seus familiares que vían como estaba poñendo a súa propia vida en perigo. Juana de Vega deu unha lección de humanidade e desvelo polos seus semellantes. A vicepresidenta da Asociación de Prensa de A Coruña, Doda Vázquez, califícaa como «inmunizada» ao cólera.
Conseguiu recadar donativos da mesma raíña Isabel II, quen lle proporcionou 14.000 reais, e da infanta Luisa Fernanda, quen lle deu 4.000; ou do xeneral Narváez, enviado desde Nova Orleáns. Deste xeito, alcanzou a cifra de 31.652 reais de persoeiros importantes. Tamén iniciou unha suscrición local aportando 1.000 reais e na que aparecen nomes da rexente da Audiencia Gallega, de maxistrados, de xefes militares, das súas amizades de Madrid e outras cidades españolas, incluso da raíña de Inglaterra.

Extracto do Boletín Oficial de la Provincia de la Coruña, 29 de novembro de 1854. Núm. 148 | Fonte: BdG (Biblioteca de Galicia)

Extracto do xornal Gaceta de Madrid, do 28 de novembro de 1854. Núm. 696 | Fonte: Biblioteca de la Universidad de Cantabria
O 1 de decembro, o por aquel entón alcalde de A Coruña, Montero Telinge, quen padecera o cólera nos primeiros momentos da epidemia, enviou, en norme da coporación que presidía, unha carta á condesa de Espoz y Mina expresándolle a súa admiración e gratitude pola práctica dunha «caridad ardiente» que reflicte «las virtudes cuya memoria legará a la posteridad».
O 2 de xaneiro de 1856, a raíña Isabel II concederalle por decreto o título de viceprotectora dos establecementos de Beneficencia de A Coruña: «En testimonio de mi real aprecio a doña Juana de Vega, condesa de Mina, mi aya que fue, y para premiar sus virtudes entre las que descuella su notoria caridad, vengo en nombrarla, oído el parecer de mi Consejo de Ministros, viceprotectora de las cuatro provincias de Galicia de que yo soy protectora, así como de todas las de la Monarquía».
Juana de Vega faleceu o 22 de xuño de 1872 na súa casa da rúa Real. Os seus restos descansan no cemiterio de Santo Amaro, xunto ao corazón do seu defunto marido, o xeneral Espoz y Mina, o cal a acompañou desde o seu falecemento, en 1836.

Rúa Real, núm. 56. Casa de Juana de Vega en A Coruña. 1843 | Fonte: Durán, J. A. (ed.), Los Vega, memorias íntimas de Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (Coruña, 1805-1872) / Actualidade | Elba de la Barrera
por
As súas actividades durante a epidemia valéronlle o título de «duquesa de la Caridad con Grandeza de España», o cal lle foi comunicado por unha carta datada o 13 de novembro de 1854 e firmada polo xeneral Espartero. Título que ela rexeitou por misiva o día 16. Non obstante, o xornal Gaceta de Madrid, antecesor do actual Boletín Oficial do Estado (BOE), publica o 28 de novembro este nomeamento. E o Boletín Oficial de la Provincia de la Coruña fai o mesmo o 29:


Nicho de Juana de Vega, enterrada xunto ao corazón do xeneral Espoz y Mina, no cemiterio de Santo Amaro (A Coruña). Xuño de 2015 | Elba de la Barrera