Elba de la Barrera
Futura xornalista, amante das boas historias, desas que nunca pasan de moda; independentemente do soporte no que sexan narradas. Transmedia Storytelling chamámoslle agora. Escoitei falar de Santo Amaro e sentín a obriga de ir ao lugar dos feitos, de sentir a súa maxia. A curiosidade levou á obesión e a topar de bruces coa historia da pequena Conchita. A irmá descoñecida do minotauro, de Pablo Picasso. Xornalismo convertido en psicoloxía para coñecer os pensamentos máis íntimos do pai do cubismo. Arte, historia e ciencia conxugadas nunha narración única.
Uxía Barrientos
Estudante de Xornalismo, coruñesa e fanática das historias que agochan misterios e segredos dende 1993. Santo Amaro foi o escenario onde a miña curiosidade non topou límites e o misterio da foxa común polo cólera da miña cidade foi o meu seguinte reto. Xornalismo de investigación case dous séculos despois.
A miña misión: intentar recuperar eses case tres meses de Historia.
Pablo Díaz
Futuro graduado en xornalismo da colleita de 1993. Amante da radio e das historias que, como as que aquí contamos, están por coñecer. A través do meu profesor de galego no instituto, Xosé Seoane, descubrín San Amaro, todo un mundo de historias e misterios agochados detras de cada lápida. Durante o meu último ano de carreira vivin na Praza Marcial Villamor, preto da rúa onde pasou a súa infancia José Villaverde, un nome que por curiosidade decidín investigar. Cando souben que estaba enterrado en San Amaro tiven claro que a súa memoria necesitaba ser humildemente vindicada, espero que así fora.
Quen somos
O ceo da Coruña é un espazo web que dá cabida a tres reportaxes multimedia. O cemiterio marítimo de Santo Amaro, situado na rúa de Orillamar (A Coruña), é o fío condutor das historias que se poden atopar aquí. Este proxecto ten por obxecto amosar as potencialidades do xénero reportaxe histórico no universo dos novos medios de comunicación. Cun escenario informativo tan rico coma este, resulta sinxelo demostar que cambian os soportes, mais a ensencia do Xornalismo segue a ser a mesma: construír relatos. Todo isto como Traballo de Fin de Grao de tres alumnos de Xornalismo da USC (Universidade de Santiago de Compostela).