top of page

n Santiago, o primeiro contacto co traballo de Villaverde é a través dun pequeno taller de ebanista, tallando figuras relixiosas… pero o rapaz que recollía papeis do chan, e que asistía ás tertulias dos cafés compostelanos entraba agora en contacto co mundo do mar. «En Vigo pasa de ser un ebanista a ser un carpinteiro propiamente dito» afirma Dionisio Pereira. «Entra en contacto co mundo do mar e co mundo socialista, que é maioritario en Vigo». Isto transforma a súa concepción de pensamento que xa viña evolucionando cara posturas libertarias dende os últimos anos que pasa en Santiago. En Compostela destacaba entre os sindicatos obreiros a militancia da CNT, un movemento ben organizado especialmente a través dos sindicatos de carpinteiros. Sen embargo, Villaverde atopa en Vigo un movemento libertario completamente desestruturado, a maior parte dos traballadores milita na UGT. Pereira explica que José Villaverde acaba militando na UGT «máis por pragmatismo que por convicción ideolóxica». 

 

Pero a pesar de achegarse ao mundo socialista Villaverde non se esquece do seu xa profundo pensamento libertario. Aínda que por un tempo segue como dirixente da Sociedade de carpinteiros federada á UGT, encóntrase cunha das máis extraordinarias figuras do anarquismo: Ricardo Mella. Mella era un home de talante aberto e tolerante. Teorizador dun anarquismo profundamente ético e subvertidor de dogmas á par que revolucionario e escritor dun prestixioso recoñecido hoxe en día. Villaverde deseguida intimou con Ricardo Mella e esa relación, ademais da súa propia experiencia sindical, transformou ao dirixente gremial nun anarquista defensor do «sindicalismo liberador, construtivo e idealista, baseado no amor á humanidade e aberto ao mundo da cultura e da sensibilidade», como sinala Dionisio Pereira.

 

 

 

 

 

 
E
Ricardo Mella

De Ricardo Mella Villaverde aprendeu practicamente todo o que lle faltaba por saber. El mesmo xa era unha persoa aberta, que tiña unha visión moi clara de que traballadores e intelectuais deberían ter puntos en común. «Villaverde era un gran orador, brillante; un home moi traballador» recoñece a súa filla, Mariquiña Villaverde. Antón Fernández, biógrafo de Mella engade: «Ricardo Mella refórzalle moito esa capacidade de falar con todo o mundo, lonxe do fanatismo dogmático que caracterizaba ao anarquismo da época». 

Dese profundo interese por facerse entender con todo o mundo nace en Villaverde o impulso de unificar a acción social da UGT e CNT. En xuño de 1920 asiste ao Congreso da UGT, onde se fai notar pola súa defensa da unificación do sindicato socialista coa C.N.T. En outubro dese mesmo ano noméaselle secretario da UGT de Vigo, aínda que non faltan voces socialistas que alertan sobre a súa evolución ideolóxica. En consecuencia, a secretaría ugetista de Villaverde en Vigo durou pouco tempo.


 

Unha nova vida en Vigo

 

Logo de verse na obriga de marchar de Santiago, Villaverde chega a Vigo. Cidade de influencia marítima na que os sindicatos teñen moito máis peso que na pequena Compostela. Alí o seu pensamento madura e evolucionará da man do que se ía converter no seu principal pai ideolóxico: Ricardo Mella.

Os grupos anarquistas partidarios dunha CNT máis radicalizada e esixente dunha pronta revolución, levaron a Villaverde a abandonar o seu cargo de Secretario Xeral da CNT de Galicia en febreiro de 1933. Non obstante no momento de irse deixaba unha organización de trinta mil afiliados, poderosa e firme nas súas conviccións de raíz libertaria, que recibira, apenas ano e medio antes, desunida, enfrontada e con tres veces menos afiliados.


Os grupos anarquistas partidarios dunha CNT máis radicalizada e esixente dunha pronta revolución, levaron a Villaverde a abandonar o seu cargo de Secretario Xeral da CNT de Galicia en febreiro de 1933. Non obstante no momento de irse deixaba unha organización de trinta mil afiliados, poderosa e firme nas súas conviccións de raíz libertaria,

Ricardo Mella 2

«Meu pai era moi coherente, sempre tivo moi claro quen era e con quen estaba. De onde viña», afirma emocionada Mariquiña Villaverde. A súa forma de entender o mundo sindical tróuxolle problemas mesmo entre a súa propia xente. «El e Mella rexeitaban a violencia per se. A violencia pola violencia». Para unha parte (pequena) do anarquismo a violencia era un paso necesario mais non esencial na loita obreira. Antes eran participes da idea de mesturar acción social e cultura. «Isto, naturalmente, non nos debe levar a caer no maniqueísmo de pensar que había anarquistas bos e anarquistas malos» afirma con rotundidade Pereira. «Moitas veces, cando tentamos recuperar figuras do pasado tendemos a adaptalas ás circunstancias do presente. Villaverde sabía de onde nace a violencia sindical. Non lle gustaba, de feito non era partidario de atentados persoais. Pero iso non significa que confundise en que sitio estaba».

 

 

Sede Solidaridad Obrera | Fonte: Arquivo CNT

que recibira, apenas ano e medio antes, desunida, enfrontada e con tres veces menos afiliados. 

 

A partir dese momento, Villaverde decide facerse a un lado na liña primeira do movemento sindical. Trasládase a Coruña, onde aluga un quiosco na rúa F. Latorre para ofrecer un centro de subscricións á militancia, e comezará a traballar nas obras da Estación de ferrocarril. Alí vive coa súa derradeira compañeira, Palmira. Dende alí observa con tristeza o golpe de Estado de 1936. En A Coruña agocha unha maleta cun legado dificilmente de atopar.

© 2015

bottom of page