A musa esquecida preto do mar
O 10 de xaneiro de 1895 a difteria chamaba ás portas do número 14 da rúa coruñesa Payo Gómez. A pesares de que xa existía cura contra a enfermidade, a lentitude nas comunicacións fixo imposible salvar a unha nena de sete anos. Nalgún punto inexacto do cemiterio de Santo Amaro xacen os anxos e os demos de Pablo Picasso. A súa irmá menor, Conchita, morría deixando unha profunda pegada no artista.
hof, chof, chof. O son dos meus pés contra as charqueiras formadas na beirarúa de Orillamar. Unha mañá de choiva, o habitual en Galicia no mes de xaneiro. Ao carón da cancela do cemiterio de Santo Amaro unha muller, de mediana idade e peiteado de perruquería, agardaba cun ramo de flores nas mans. Á marxe dos operarios que traballaban, afanosamente, no interior do camposanto; non había ninguén máis no lugar. O único ruído, o son das ondas batendo contra as rochas do paseo marítimo, situado xusto embaixo do cemiterio. Entrei, segura do rumbo dos meus pasos. Unha noticia do xornal La Opinión espertara o meu interés por Santo Amaro. Á dereita, o edificio que durante anos fixo a función de sala de autopsias. Hoxe reconvertido en almacén. Xusto alí, no primeiro departamento, nalgún punto incerto da zona de párvulos, xace o corpo da irmá menor do pai do cubismo. Efectivamente, de Pablo Picasso.
Xusto 120 anos atrás, a familia Ruiz Picasso despedía, para sempre, á pequena Conchita. Na noite do 10 de xaneiro de 1895. No interior da capela do cemiterio. Un feito que marcaría profundamente ao pintor. Unha perda que lle xerou un profundo respecto á morte. O adeus a María de la Concepción Ruiz Picasso, a súa irmá favorita, a súa primeira musa. O pequeno Pablito, de tan só trece anos de idade, comprendeu o complicado da vida,aquí, na Coruña. Pero como toda historia esta ten un comezo, concretamente, na cidade de Málaga.
C
por
10 de xaneiro de 2015 (Camposanto de Santo Amaro, A Coruña)

Retrato de Conchita, Pablo Ruiz Picasso, A Coruña, 1894-1895 | Fonte: Museu Picasso Barcelona. Donación Pablo Picasso 1970

El Final del camino, Pablo Ruiz Picasso, 1899-1900 | Fonte: Solomon R. Guggenheim Museum Colección Justin K. Thannhauser.