A
A capela dos segredos
A Coruña viviu unha breve epidemia de tifus en 1832. A capela de Santo Amaro construíuse en 1833. Hai quen pensa que os finados por esta enfermidade atópanse enterrados baixo a igrexa. Outros din que son os mortos polo cólera de 1854. E hai quen afirma que tal foxa non existe.
no 1832. 1 de maio. 21 veciños da aldea de Vioño, situada ás aforas da cidade de A Coruña, caen enfermos. En total, segundo o informe dos médicos que mandou o Concello para realizar unha análise, eran 10 adultos e 11 párvulos. O diagnóstico: «una fiebre nerviosa que en los más graves se hace algo pútrida», cunha duración de «14 a 21 días» e de carácter «bastante benigno».
Era a primeira das dúas epidemia de tifus -febres tifoideas- que padeceu a cidade de A Coruña no século XIX -a outra tivo lugar en 1853, precedendo ao cólera do ano seguinte-. Varias aldeas de arredores da cidade herculina amosábanse afectadas, chegando incluso a expandirse polos arredores de Betanzos.
Con todo, non foi unha epidemia moi forte, xa que a maioría dos convalecentes curaron grazas aos coidados médicos, ás medicinas e aos alimentos diarios (pan e viño) que recibiron e que se pagaron cos fondos recadados por suscrición popular.
O 29 de xuño daríase por rematada a epidemia de tifus que asolara Vioño.
Ano 1833. O cemiterio de San Amaro cumpre 21 anos desde a súa construción. É nese momento cando, baixo as ordes do arquitecto coruñés Alejo Andrade, se edifica a capela do camposanto, grazas á doazón realizada polo xeneral Queipo de Llano, cuxos restos fican no interior da igrexa. É unha construccion de estilo neoclásico, con planta de cruz grega, coroada por uunha cúpula rebaixada e flanqueada por dúas torres. A porta é de inspiración clásica, imitando a entrada de templo con dúas columnas ‘in antis’. Vista con perspectiva, hai quen ve nesta capela inspiración no magnífico Panteón de Roma construído entre os anos 118 e 125 d.C. (diferenzas obvias a parte). Na actualidade pertence ao Concello da Coruña que a reformou a finais de 2012, aproveitando a conmemoración do bicentenario do cemiterio. Ata ese momento o santuario levaba máis dun lustro pechada debido, en parte, a súa situación de abandono. Agora está incluida na ruta guiada do propio cemiterio e está adicada tanto a usos relixosos como actos oficias do concello.

O seguinte é un dos posibles segredos que agocha o cemiterio de Santo Amaro: hai investigadores que pensan que baixo a capela se agocha a foxa común na que se enterraron aos coruñeses mortos debido á epidemia de tifus de 1832. Outros din que baixo ela se atopan os finados polo cólera que arrasou A Coruña en 1854. E hai outros que pensan que tal foxa non existe, situándose a do cólera no primeiro departamento, lugar destinado aos párvulos -como Conchita Ruiz Picasso-.
Interior da capela de Santo Amaro, maio 2015 | Pablo Díaz
por
«Lo más fácil para el Ayuntamiento era una fosa común», recoñece a investigadora Áurea Rey. Isto é debido a que os enterros eran masivos e non había suficientes medios para procurar un sitio a cada un, por tanto, a opción máis sinxela era enterrar a todos xuntos. «No he encontrado nunca la referencia a una fosa común.», sentencia finalmente.
Pola súa parte, a xornalista e vicepresidenta da Asociación de Prensa de A Coruña, Doda Vázquez, di o seguinte: «Yo no me atrevería a asegurar 100% que no es cierta [a lenda], pero por las investigaciones que yo he hecho y por lo que yo he mirado en el Archivo Municipal, investigadores a los que he consultado, libros que he mirado, a mí me parece que es más una leyenda. Que la gente se confunde los enterramientos del primer departamento con la capilla. Y creo que hay una especie de confusión de que esa fosa común está ahí debajo cuando no tiene sentido. Ningún arquitecto con un poco de sentido común sentaría los cimientos de una capilla encima de una fosa común. No tiene sentido que una vez montado el cementerio haya enterramientos dentro de la capilla. En 1931 se encontraron unos huesos de la capilla pero es tan sencillo como que era la familia de Queipo de Llano, que es la que donó dinero para construir la capilla.»


A capela de Santo Amaro, vista desde fóra | Pablo Díaz
A zona do cemiterio de Santo Amaro reservada para os enterramentos infantís | Elba de la Barrera
Existe realmente esa fosa? Están enterrados os coruñeses que morreron de tifus en 1832? Acompáñanos os que pereceron tras a epidemia colérica de 1854? Polo de agora, non hai resposta clara. Saberémolo algún día? Revelará Santo Amaro un dos seus maiores misterios?