top of page

81 días de morte e escurantismo

 

A epidemia de cólera morbo de 1854 azotou á cidade de A Coruña de xeito devastador cando apenas se estaba recuperando das epidemias de fame e tifus do ano anterior. As autoridades locais ficaban máis preocupadas por agochar o que acontecía que por procurar unha solución.

M

illeiros de cadáveres apilados nas portas das casas. O cólera morbo chegou de xeito silencioso á cidade da Coruña a mediados do século XIX, en setembro de 1854. Esta epidemia durou tan só 81 días, pero foi capaz de fulminar unha cidade enteira.

 

O cólera arrasou desde a Cidade Alta ata o areal da Palloza, onde acaba A Coruña e comeza Oza. Atacou a mendigos e a ricos, sen facer distincións estamentais. A cidade herculina ficou paralizada: o seu comercio, o seu porto, as súas escolas e a Fábrica de Tabacos, a maior industria local, con preto de 4.000 empregados. Unha cidade que aínda non se recuperara da fame orixinada por unha forte crise agraria e da epidemia de tifus dos anos inmediatamente anteriores. A morte chegara tempo atrás para quedarse un pouco máis, para atacar, aínda con máis dureza, aos cidadáns. Sen piedade.

 

As autoridades semellaban máis preocupadas por ocultar o que estaba acontecendo que por procurar un remedio, unha cura que paliase a masacre dos veciños: así, prohibiron o repiqueteo das campás para anunciar as mortes. En palabras de Áurea Rey, ex profesora do IES Zalaeta de A Coruña e ex presidenta do Círculo de Artesáns: «Las autoridades lo que querían era que no se enterase nadie. Prohibieron todo toque de campana: no se podían tocar las campanas ni la campanilla para el viático y los carros fúnebres no daban abasto para enterrar a la gente.»

 

 

Feito que Xosé Carro Otero, licenciado e doutor en Medicina pola USC e actual presidente da Real Academia de Medicina, corrobora: «Prohibíronse non só os toques de campás para non asustar aos que podían entrar en efermidade ou agravarse, senón que tamén se prohibíu o toque das campaíñas que ía levando o viático.»

Áurea campanas
Carro campanas

© 2015

bottom of page