top of page

Noite escura nunha parroquia de Arteixo

 

Villaverde foi escoltado dende o cárcere da Coruña ata a parroquia de Oseiro, en Arteixo. Alí foi atopado ao día seguinte sen vida, tirado nunha cuneta. A familia enterrouno nunha igrexa cercana, e sempre que podían colocaban unha columna de flores vermellas, amarelas e moradas na súa lápida.

o me quieren matar de un tiro, me quieren matar moralmente». Deste xeito tan duro recoñecía Villaverde á súa propia muller, a sempre presente Palmira, que a súa morte non era como outra calquera das moitas que durante eses meses despois da Guerra Civil se cometeron na comarca da Coruña. Villaverde estivo encerrado durante cincuenta e sete largos días no cárcere de Coruña, «primeiro mandárono a unha das peores comisarias, todos tiñan medo de acabar nese lugar, pero meu pai era un home forte» di con orgullo Mariquiña. Esa comisaría estaba en Juan Flórez, agora xa non existe.

 

Moitos dos que entraban alí eran torturados antes de que acabasen no cárcere ou fosen directamente paseados, pero a Villaverde non lle puxeron unha man enriba, algo no que coinciden tanto Dionisio Pereira como Mariquiña Villaverde. «Probablemente puideches ler por aí que foi torturado, que o golpearon ata matalo ou que o seu corpo apareceu desfigurado, iso non é así. A Villaverde non se lle tocou un pelo, era un home que mesmo a dereita máis rancia respectaba». afirma moi serio Pereira; «Meu pai sempre foi un home que soubo levarse ben con todo o mundo, incluso aqueles que o colleron preso mostraron a satisfacción de ter collido a alguén importante, pero non mostraron a alegría que si tiveron noutras detencións». En efecto, Villaverde aprendeu de Ricardo Mella a escoitar a todos, e se ben era un home do sindicalismo máis duro (aínda que dentro do sindicato era considerado un moderado), dende a dereita máis democrática ata os fascistas do 36 mostraron para con el un respecto que non contemplaron con outros presos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

«N
Fonte: Proyecto Nomes e Voces

Esposa e fillas de José Villaverde.

De esquerda a dereita Olga Villaverde Otero, Palmira Otero de Ois, Mar y Luz Villaverde Otero, Nieves Libertad Villaverde Mosteiro e Fraternidad Villaverde Mosteiro.   Fonte: Proyecto Nomes e Voces

Zona civil do cemiterio de Santo Amaro onde se atopa a tumba de Villaverde | Pablo Díaz

Tumba de José Villaverde Velo, xuño de 2015 | Pablo Díaz

Anchor 20
Anchor 21
Anchor 22

Con moita dignidade, os Villaverde enterraron a José nun cemiterio preto do lugar onde foi asasinado, en boa parte grazas á axuda do párroco, que non puxo reparos en que un fusilado fora enterrado nun cemiterio cristián. Emocionada, con bágoas nos ollos pero coa voz firme, Mariquiña conta que se pai «descansa agora onde quería».  Nunha das verticais do cemiterio civil de Santo Amaro, preto do mar da Coruña. Vindicado e en paz. Cunha vida que non debería caer no olvido, e para o que el mesmo deixaría agochada unha maleta.

 

Unha maleta cun legado histórico.

Foron anos duros, a familia sobrevivía grazas ao traballo da nai e do vello Otero,  pero tamén grazas á axuda desinteresada de moitos cidadáns que sempre fixeron o posible por estar para os Villaverde. Médicos, traballadores, comerciantes… Aínda que non todos eran así, «a Mariquiña, que é unha persoa moi querida por moitos veciños da Coruña, tamén se lle fixo o boicot en empresas moi coñecidas». 

 

Había familias que estaban marcadas, pero os Villaverde sempre viviron con dignidade. ‘Non baixes a cabeza, que ti tes que levar a cabeza ben alta’. Un antigo compañeiro de prisión de Villaverde dirixiuse con estas palabras a Mariquiña un día que a encontrou paseando nunha céntrica rúa coruñesa. «Toda esa rede comunitaria de xente que se axudaba mutuamente é un dos elementos centrais para entender os anos de posguerra», explica Pereira. 

Logo da morte de Villaverde a policía non volveu a molestar á familia. A partir dese setembro do 36 puideron manter unha vida normal na que as fillas de Villaverde viviron illadas (parcialmente) do que fora seu pai. Especialmente Mariquiña, que era unha nena que non contaba nin cinco anos cando morre. Durante a súa infancia preguntara a súa nai polo seu pai sen obter respostas claras, «sempre me dicía ‘cala Mariquiña, cala muller’», recorda coa mirada pousada nunha imaxe de Palmira que hai enriba da mesa. Pereira ve comprensible esta actitude da nai, «en boa medida, o silencio de xente que non renunciou aos seus nin ás súas ideas é porque temen polos pequenos. Palmira non lles conta nada porque sabía que as pasaría putas». Pero Mariquiña explica que non por iso non sabían quen fora seu pai. Grazas á súa irmá, Fraternidade, que sempre foi unha rapaza moi forte, que mesmo chegou a pegarse cun rapaz por defender o honor da súa familia. 

En opinión de Dionisio Pereira, Villaverde comete dous erros o día que foi preso, o primeiro de todo ir a traballar á estación sabendo como está a situación política en Coruña; o outro foi non aceptar a proposta dun dos líderes do movemento sindical que controlaba os pesqueiros, Manuel Montes. Este bo coñecedor da loita pesqueira puxo a disposición de Villaverde un barco para poder escapar de Galicia, pero este non quixo marchar. Non quixo marchar se non era coa muller e coas fillas. Nunca sen a súa familia.  

 

O seu asasinato foi un mazazo para todos, «os homes levárono moito peor que as mulleres», explica Pereira. Derrotados por ver no que rematou todo polo que loitaran. Homes que viron como o seu traballo desaparecía nos últimos anos. Por vivir a primeira liña da guerra, en primeira persoa. «Miña nai é certo que soubo levalo con maior entereza», di apenada Mariquiña, «pero o vello Otero [pai de Palmira] quedou triste toda a súa vida».

A José Villaverde asasinárono por negarse a organizar para o réxime o futuro sindicato vertical. «Villaverde, un home dunha moral e unha ética inesgotables. Que nunca negara a súa historia, que nunca mirara atrás intentando enganarse do seu pasado, non ía a traizoar todo aquilo polo que loitara aínda que isto lle custase a vida» di Pereira. Oficialmente foi asasinado por negarse a organizar os sindicatos, mais dende a familia explican que a sentenza de Villaverde foi redactada o día que pronunciou un discurso no teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Pepe Papeles sempre fora un bo orador, capacidade que desenvolveu ao longo da súa vida e que lle granxeou importantes éxitos dentro e fóra dos sindicatos. Nese discurso, Villaverde fai unha defensa do ‘amor libre’; un discurso que só podía facer un home que non tiña medo. Un discurso no que, sabéndose vixiado polos fascistas, Villaverde non ten reparos en declarar: «Le perdisteis el miedo al patrón, pero no le perdisteis el miedo a Dios».  Ese día xa non houbo marcha atrás. 

© 2015

bottom of page