top of page
Prohibidos os cordóns sanitarios

Prohibidos os cordóns sanitarios

O 2 de setembro de 1854 o alcalde e a Junta Municipal de Beneficencia y Sanidad de la Provincia de La Coruña estudaron o primeiro caso de cólera da cidade herculina e acordaron non dar a noticia á poboación. Lembraron, ademais, a prohibición de establecer "cordóns sanitarios", isto é, o despregamento de tropas para incomunica-las zonas afectadas.

A choiva non venceu o cólera de 1854

A choiva non venceu o cólera de 1854

Gravado dos finados por cólera

Gravado dos finados por cólera

Solidariedade dos ricos

Solidariedade dos ricos

O alcalde apela á caridade e os ricos aportan os seus donativos.

Consellos para tratar a epidemia

Consellos para tratar a epidemia

Gravado sobre finados por cólera

Gravado sobre finados por cólera

Os hospitais provisionais tamén vían morrer aos coléricos.

Prohibido o Día de Defuntos en 1854

Prohibido o Día de Defuntos en 1854

O alcalde prohibíu asistir ao cemiterio de Santo Amaro os días 1 e 2 de novembro -festividade de Defuntos- para evitar máis contaxios.

Isabel II e a infanta Luisa Fernanda

Isabel II e a infanta Luisa Fernanda

A raíña Isabel II e a súa irmá, a infanta Luisa Fernanda, proporcionaron donativos para os coléricos debido á petición de Juana de Vega, quen fora a súa coidadora durante dous anos. A primeira achegou 14.000 reais e a segunda, 4.000.

Primeiras cifras oficiais

Primeiras cifras oficiais

O 1 de novembro de 1854 o Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña publica as primeiras cifras oficiais: 1.799 enfermos e 715 mortos. Non obstante, o Governador civil, Antonio Cuervo, advirte de que a cifra podía ser moito maior, pois resultaba imposible contabilizar a todos.

Prohibido volver e visitar a capela

Prohibido volver e visitar a capela

O 6 de novembro, o alcalde e a Junta Municipal de Beneficencia y Sanidad de La Coruña prohíben visitar a capela de Santo Amaro e voltar á cidade.

Juana de Vega, a heroína

Juana de Vega, a heroína

Juana de Vega converteuse nunha das heroínas da cidade trala súa actuación para combater o cólera que asolou á cidade en 1854. Porén, o 13 de novembro, o xeneral Espartero, presidente do Consello de Ministros, mándalle unha carta na que lle concede o título de "duquesa de la caridad con Grandeza de España". Tres días máis tarde, Juana de Vega rexeita o título mediante unha misiva.

A fin oficial da epidemia

A fin oficial da epidemia

Na mañá de Acción de Grazas celebrouse un acto relixioso público no que os coruñeses deron as grazas a Deus por poñer fin á epidemia de cólera de 1854.

© 2015

bottom of page