osé Ruiz Blasco, alias O inglés, quería ser artista, pero o talento non o acompañaba. Levaba unha vida cómoda. Os seus días transcorrían entre as tertulias nos cafés da cidade e as casas de pracer coma Lola la Chata. Algo moi censurado polo seu irmán menor, Salvador. Médico próspero ao que, trala morte do pai, non lle quedou máis remedio que consagrarse ao coidado do seu idealista irmán. Era hora de que O inglés sentara a cabeza. Tras obter un posto como profesor axudante de debuxo na Escola de Málaga, foi presionado para contraer nupcias con Aurelia Picasso. No ano 1879, con axuda de Degrain, obtivo un posto como conservador do Museo Municipal; mellorando, así, a súa posición económica. Un ano despois casaría coa curmá de Aurelia Picasso, María, 17 anos menor. Con esta unión entre un artista malagueño de escasa proxección e unha italiana arruinada pola perda dos viñedos familiares nacía a estirpe dos Ruiz Picasso.
A Coruña: Azul da miña retina
O pai de familia, José Ruiz Blasco, atopou plaza na Escola de Belas Artes da Coruña e mudou a Galicia con toda a súa familia. O que comezou como unha divertida aventura, remataría en traxedia grega cunha fuxida cara Barcelona.
por
O día 25 de outubro de 1881, tras un parto complexo no que se daba ao neno por morto, naceu o primoxénito, Pablo Ruiz Picasso. Tres anos despois, no 84, chegaba á vida Lola, a mediana, tras un forte terremoto que sacudiu a cidade. Con toda comodidade e sen ningún sobresalto, nacía en 1887 a pequena da familia, completando o cadro familiar. María de la Concepción Josefa Aurelia Salvadora Ángela Simona de la Santísima Trinidad, alias Conchita, unha nena de incipiente beleza con trazos similares aos do seu pai. Trala presentación dos protagonistas dos feitos, é momento de investigar, da busca de voces, de lugares. De ceder a palabra para reconstruír, certeiramente, as pegadas de Conchita, a musa esquecida preto do mar; no camposanto de Santo Amaro.
A Coruña é a cidade onde espertaron os meus sentidos, é iso é algo que nin o tempo nin a distancia poden borrar. Tiña tan só dez anos cando papá conseguiu praza como mestre na Escola de Belas Artes da Coruña. Todo eran novidades nesa viaxe que comezou o 6 de setembro de 1891. A bordo do vapor Asturias, partimos do porto de Málaga con dirección a Vigo. O barco tardou dous días máis do previsto en atracar en terras galegas por mor dun forte temporal. Presaxio de todo o que nos agardaba. Cansos do mar, meus pais decidiron continuar a viaxe en tren. Ao día seguinte, chegamos á estación de San Cristovo na Coruña. Papá buscou un modo de chegar á fonda de La Paloma, o noso aloxamento. Nun carro tirado por bois pisei por primeira vez terras coruñesas. Comezaba unha nova aventura da que, probablemente, fun eu quen máis desfrutei. Era un neno e tiña ganas de nadar en auga salgada. Foi esta unha etapa importante na que namorei, pintei e sufrín como ninguén. A Coruña é o azul que sempre conservarei na retina.
«A Coruña é a cidade onde espertaron os meus sentidos»

La torre de Hércules, 1894, Pablo Picasso | Fonte: Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2015