Adiantados ao seu tempo
O doutor Nicolás Taboada y Leal detectou o primeiro caso de cólera en 1833. O seu homónimo Manuel Ocampo y Meneses fixo o mesmo na epidemia de 1854. Ambos formaban parte do colectivo de 'contaxionistas', incidindo en que o cólera voltaba de novo, pese á oposición da Xunta de Sanidade.
n 1833 desencadéase en Vigo a primeira epidemia de cólera de España e un doutor, Nicolás Taboada y Leal, foi o responsable de levar a cabo unha eficiente campaña para erradicar o brote, sendo o primeiro médico que diagnosticou un caso de cólera en España. A este respecto falou connosco o actual presidente da Real Academia de Mediciña, Xosé Carro Otero, tamén licenciado e doutor en Medicina pola USC e profesor desta derradeira mesma institución: «É o primeiro que detecta o cólera nesa epidemia colérica. Pero Galicia, que saibamos, xa por centrarnos aos tempos próximos, ten moitos moitos brotes de cólera. No século XIX hai unha chea deles. Taboada y Leal intervén nun que afecta á zona de Vigo e aos arredores daquela zona, fundamentalmente. Pero ese cólera funcionou por toda Galicia. Aquí en Santiago tamén. E na Coruña tamén.»
A epidemia de cólera de 1833 motivou que volvera a formularse a construción dun lazareto permanente no Atlántico, ao que optaban en Galicia as cidades de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía e A Coruña. Finalmente, por Real Orde do 6 de xuño de 1838, autorizouse á Xunta de Sanidade e Comercio a edificación dun lazareto na illa de San Simón, na ría de Vigo. As diferenzas que mantivo o doutor
E

Nicolás Taboada y Leal
Viveiro (Lugo), 1798 - Vigo (Pontevedra), 1883 | Fonte: Consello da Cultura Galega
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |

Informe sobre la Cólera-Morbo asiática, Nicolás Taboada y Leal. Páxina 20 | Fonte: BdG (Biblioteca de Galicia)
Fragmentos do Informe sobre la Cólera-Morbo asiática, de Nicolás Taboada y Leal, onde expón as diferenzas entre os 'contaxionistas' e os 'anticontaxionistas' | Fonte: BdG (Biblioteca de Galicia)
Vinte anos máis tarde, en 1854, volve ser o porto de Vigo a porta de entrada do cólera en España. Nesta ocasión foi Manuel Ocampo Martínez y Meneses, cirurxián da parroquia do Viso en Redondela, quen atendeu o primeiro caso de cólera e proporcionou unha detallada descrición deste novo azote da enfermidade. No seu libro Relación histórica de la invasión y progresos del cólera-morbo espasmódico en el distrito municipal de Redondela, narra a oposición que atopou por parte da Xunta Municipal de Distrito e as presións e críticas das que foi obxecto, mesmo por parte do xornal El Faro de Vigo.
A Xunta de Sanidade de Vigo e Redondela oponse a declarar a enfermidade por subordinar os intereses económicos aos obxectivos sanitarios. Nega, por tanto, a existencia do cólera e apoia a teoría anticontaxionista. Os partidarios desta teoría consideran que os brotes son illados e que non se podía diagnosticar cólera. Recoñecer a súa existencia suporía admitir a ineficacia das corentenas do Lazareto de San Simón na ría de Vigo e a imposición de medidas que obrigarían a restrinxir o tráfico de mercadorías no porto de Vigo. Xa no seu informe Taboada y Leal facía distinción entre os ‘anticontaxionistas’ e os ‘contaxionistas'.
Manuel Ocampo xa tiña experiencia con enfermos de cólera da epidemia de 1833 e cando veu as primeiras afectadas, inmediatamente identificou a enfermidade.
Nesta disputa, Nicolás Taboada Leal, quen nese momento ocupaba o posto de consultor da Xunta de Sanidade de Vigo, foi apartado das súas funcións por defender, ao igual que Ocampo, que se trataba de cólera. Debido ás denuncias da situación que se realizaron ante o Gobernador da Provincia, este nomeou unha comisión o 27 de decembro de 1853, na que participaron os médicos de Santiago, Martínez de la Riva e López, que informaron ao Gobernador de que se trataba de cólera.
A finais de xaneiro de 1854, unha nova comisión, esta vez presidida por Varela de Montes, Noguerol e Gasols, estes dous últimos médicos de Vigo, analizou os casos e informou ao Gobernador de que se trataba, efectivamente, de cólera morbo. Así, Taboada y Leal volveu ser reposto por orde gobernativa como médico consultor do porto e ría de Vigo en 1854.
Coñécense os detalles da entrada da epidemia de 1833 e a expansión da mesma grazas ao seu informe, publicado o 25 de novembro de 1848, chamado Informe sobre la Cólera-Morbo asiática. No escrito, de 52 páxinas, o doutor Nicolás Taboada y Leal relata desde a orixe do cólera na India, a súa expansión polos países europeos e a súa chegada a España e Portugal -sobresae a descrición minuciosa da entrada da enfermidade na ría de Vigo e a súa propagación a outros lugares, como Muros e Carnota- ata a súa experiencia ao tratar ao primeiro colérico da epidemia -Fernando Conde, un veciño de Vigo- e as súas propostas preventivas e terapéuticas para facer fronte á enfermidade. Amósase partidario da teoría do contaxio da enfermidade e así o fai constar. Sen coñecer a bacteria causante do cólera - o Vibrio cholerae foi descuberto en 1884 por Robert Koch, o mesmo que identificou a orixe da tuberculose- si que entendía que era unha doenza contaxiosa, coma outros médicos.
De feito, atreveuse a afirmar:
Taboada y Leal tocante á construción do lazareto foron motivo da súa obra Consideraciones y datos para esclarecer la cuestión suscitada recientemente sobre la conveniencia de que exista el lazareto edificado en la isla de San Simón (1851).
A súa actuación nesta primeira epidemia de cólera deulle a chave para entrar na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia en 1833.
por