O legado dunha maleta agochada
Antes de ser apresado polos golpistas, Villaverde enterraría preto do seu lugar de traballo, nun solar que neses momentos estaba abandonado, unha maleta chea de documentos. Anos despois a familia encargaríase de desenterrala, hoxe forma parte do arquivo da Real Academia Galega.
onta Mariquiña Villaverde que cando soubo da existencia da maleta non daba crédito do que lle contaban. Durante anos preguntaron a súa nai mais dela non transcendeu nada, foi seu tío quen un día lles contou a historia da maleta enterrada, descubrían así unha parte descoñecida tamén da vida do seu pai.
Villaverde agochara preto de onde el traballaba, na zona dos mallos, nun solar que por circunstancias nese momento estaba abandonado, unha maleta chea de documentación sobre o seu paso sindical. Documentos da CNT e da UGT, fotografías de reunións e mitins sindicais, exemplares únicos do xornal "Solidaridad Obrera", libros sobre o anarcosindicalismo... Pepe Papeles, que recollía do chan todo aquilo que valía a pena ler, gardou nesa maleta toda unha colección de documentos única para entender a historia do sindicalismo en Galicia.
C
por
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
As fillas e netas de José Villaverde entregaron hai uns anos á Real Academia Galega (RAG) esa colección, na que figuran unhas cen fotografías, varios xornais de Solidaridad Obrera, exemplares únicos que non se atopan en ningún outro arquivo español, e algúns libros de valor histórico excepcional.
Ese arquivo está aberto para todo o que queira achegarse por expreso desexo das fillas de Villaverde. Olga Villaverde, outra filla do sindicalista, afirmaba ese día «espero eses documentos sirvan de exemplo para as xeracións vindeiras».
Durante os anos 40 a familia intentou recuperala, pero nunca chegaba o momento ideal. O recordo da Guerra Civil estaba aí, e os paseos nocturnos que acababan en fusilamentos aínda estaba á orde do día. «Finalmente un dos tíos, Juaquín, tomou a decisión de ir desenterrala e levouna consigo para o seu chalé de Eiris», explica Mariquiña. A partir de aí a documentación da maleta repartiuse polos distintos domicilios da familia. Unha documentación única era así rescatada e sumada á xa gardada pola propia familia: «Cando mataron o meu pai o meu avó e os meus tíos salvaron o que puideron da biblioteca». Foi na década dos 70, coa Transición, grazas ao traballo de investigadores coma Dionisio Pereira, cando se puido por primeira vez consultar e estudar ese material.
Pereira aínda se mostra hoxe asombrado da da historia da ‘dichosa’ maleta. O risco ao que se espuxo a familia por intentar gardar parte do legado familiar de Villaverde. «O da maleta é incrible, pero basta con que botemos unha ollada ao material que gardaban na casa para que a historia aínda nos resulte máis alucinante». Durante anos gardaron documentos que lles poderían ter costado vida no caso de que tivese chegado a producir unha redada, «por sorte iso non sucedeu, pero como podes comprobar ese piso [a casa dos Villaverde en Coruña] é unha maleta en si mesma. Ata o mesmo día de depositar as cousas na RAG aparecían documentos. Se a policía chega a facer un rexistro alá van todos».