top of page

O anarquismo humanista, unha reflexión

 

Cando comecei a mergullarme na historia de Villaverde, cando finalmente falei ca súa filla, coñecín de primeira man a vida dun home que non merece ser olvidado. Nesta reflexión non hai vídeos, non hai audios, só unha imaxe, a do poema escrito por un compañeiro do cárcere onde Villaverde pasou os seus últimos días. 

ector, se chegas a este punto da lectura quere dicir que o teu interese non fixo máis que aumentar neste humilde percorrido que quixen facer de José Villaverde Velo. Moitas veces, cando son eu quen está na posición que agora ocupas ti, e me atopo diante dunha peza coma esta, sempre penso «como chegaría a esta historia, de onde nace o interese do redactor». No meu caso a figura de Villaverde era completamente descoñecida para min, a primeira vez que souben da súa existencia foi de casualidade, produto dun destino que parecía agardar o momentum

 

Por circunstancias, este último ano estiven vivindo na mesma zona de Compostela onde naceu José Villaverde. Buscando información sobre o nome da praza Marcial Villamor (internet e a súa profundidade relacional infinita fixeron o resto) acabei por interesarme por ese sindicalista que tan importante fora e do que nunca escoitara falar (quizais ese outro motivo de reflexión). Descubrín pouco a pouco a vida dun home que me marabillou dende o principio e sobre o que sentín a necesidade de saber máis. De coñecer, por ende, que era iso do ‘anarquismo humanista’. E aquí cheguei. Chegamos. 

 

Nun momento no que a división, os enfrontamentos e a loita entre clases eran o día a día da sociedade galega, sindicalistas como Villaverde ou intelectuais coma Ricardo Mella, erguéronse coma defensores doutro xeito de facer sociedade. Para Dionisio Pereira, Villaverde defende que todo aquilo que se pode conseguir a través da unidade, a través do colectivo «tiña que redundar nun ser humana máis feliz». Complexo, pero honesto. 

 

Para Villaverde non había mellor forma de escapar da miseria, de ascender socialmente, que a través da educación. El mesmo é o mellor exemplo. Unha filosofía que durante o breve período republicano lévase á practica a través das escolas e do teatro que practican, entre outros, García Lorca. 

 

Así era Villaverde, ou así penso eu que foi polo que aprendín falando coa súa filla. Unha persoa humilde e honesta. Intelixente. Cun desborde humano difícil de atopar en figuras igualmente importantes da época. É Villaverde —tamén— un home sentimental que chora e sufre polos seus. Que escribe, di Pereira, e describe á perfección, «o mal que o pasa cando perde a unha das súas compañeiras» Un home cuns ideais que non nega en ningún momento da súa vida. O propio Mella lle dixera, sabedor de que ambos non contaban coa amizade de moitos membros do sindicato, que se chegaba o momento de botarse a un lado deberían facelo, pero sen negar nunca a súa historia. 

 

 

 
L

Un home que loita polos seus ideais e polos que morre. Polos que o matan.

Anchor 3

© 2015

bottom of page