top of page

Todos eran iguais ante a morte

 

As familias dos enfermos de cólera tiñan medo de enterrar aos seus familiares aínda con vida, de xeito que facían unha serie de probas para comprobar se realmente estaban finados. Os enterros, que eran a partir da madrugada, non diferenciaban entre os veciños adiñeirados ou empobrecidos.

s improvisadas ambulancias sanitarias, formadas por asilados e nenos hospicianos que portan camillas, retirarían os cadáveres das rúas cando se agochase o sol e levarían aos finados polas rúas menos transitadas da cidade herculina. O cemiterio de Santo Amaro acollería os enterros dos mortos coléricos máis tarde das doce e ata a madrugada do día seguinte. Carros fúnebres e camillas chegarían en procesión ao camposanto, acompañados por sacerdotes. Enterrados todos do mesmo xeito, sen diferenciar a un rico dun pobre, algo polo que os máis adiñeirados amosaban o seu descontento: «Cuando moría un rico querían hacerle entierros de primera. Estaban prohibidos. Solo se permitía un carro fúnebre y una cruz, así como un sacerdote por entierro.», explica a historiadora e investigadora Áurea Rey. A autoridade obrigou aos sacerdotes a exercer, pese á súa negativa, por medo ao contaxio. Medo, ese sentimento que acompañou a tódolos coruñeses durante eses 81 días de morte devastadora.

A
Áurea ricos
Carro latido
Carro espejo
Carro ollo
Carro rigor mortis

Unha nova orde da man da autoridade, nesa liña de escurantismo absoluto: os facelidos serían trasladados a Santo Amaro nun prazo máximo de 24 horas. Algunhas familias rebeláronse contra este imperativo e retiveron os corpos en casa: temían enterrar a un vivo. A xente agardaba a que se manifestasen de forma inequívoca os signos de morte real. A primeira opción era escoitar os latexos do doente, mais non era nin a máis adecuada nin a única. Así o sostén o actual presidente da Real Academia de Mediciña, doutor e licenciado pola USC, Xosé Carro Otero: «A demostración máis absoluta de morte real non era que non se notara o latido cardíaco porque moitas veces era tan débil que non se escoita, aínda que se poña a orella no peito: é imperceptible pero está latindo. Non o oían e decían: ‘Está morto’. Logo non se movía porque estaba en coma e aparentemente non respiraba.»

A segunda era a proba do espello: «poñíase un espello diante do nariz e da boca do doente para ver se deixaba gotiñas porque co aire sae un pouquiño de vapor de auga.»

A derradeira consistía en valorar a sensibilidade ante a dor, de xeito que ao doente lle tocaban os ollos e mesmo un pezón: «Tocábaselle un ollo e podía incluso non haber reacción do ollo. Tiña o ollo aberto e deixábase tocar, porque estaba suprimida, en gran medida, a sensibilidade. Chegaban a facer cousas tales como apretar cun alicates o pezón, porque o pezón é unha zona moi sensible do corpo», apunta Carro.

 

Con todo, a mellor opción era agardar a que o corpo acadase o rigor mortis, isto é, a rixidez cadavérica, a manifestación absoluta de que unha persoa está sen vida. O presidente da Real Academia de Medicina afirma: «Pode haber comas tan profundos de maneira que o doente non reaccione. Polo que o mellor era esperar a que o corpo estivera frío e, sobre todo, que entrara en rixidez cadavérica. A rixidez chega a ser tal que si un trata de dobrar unha articulación, antes rompen os músculos e parten os ósos que ceder. E eso establécese entre 12 e 24 horas. Por eso se tiña o cadáver sempre en observación.»

© 2015

bottom of page