O cólera polo mundo
No século XIX o mundo padeceu seis pandemias de cólera, segundo o informe que elaborou Pollizter para a Organización Mundial da Saúde (OMS). Tres delas foron as máis importantes: a de 1817, a de 1859 e a de 1852.
T
res foron as pandemias de cólera que arrasaron tódolos continentes durante o século XIX.
A primeira delas comezou en 1817 na cidade de Calcuta (India), extendéndose rapidamente por toda a India e parte do Sudeste Asiático, chegando tamén a algunhas rexións de África. (Fai clic no mapa para saber máis).
por
A segunda pandemia á que se refire Pollizter no seu informe, comeza en 1829, en Persia (actual Irán), Afganistán, Uzbekistán e Rusia. A diferenza da primeira, o cólera chega a América do Norte e do Sur, pasando polo continente europeo e Australia. Non obstante, a maior parte do continente asiático non padece a enfermidade. (Fai clic no mapa para saber máis).
A terceira comeza en 1852 e, a diferenza coas outras dúas, non seguiu un curso lineal, senón que respostou aos recrudecementos en distintas áreas, ás migracións e ás importacións.
Afectou a grande parte do continente europeo, a América do Norte e do Sur e parte do continente asiático. (Fai clic no mapa para saber máis),