top of page
A Torre de Hércules

A Torre de Hércules

A Torre de Hércules, declarada Patrimonio da Humanidade dende 2009, o faro máis antigo do mundo, construído polos romanos a finais do século I d.C. ou a principios do II d.C. Fonte de mitos e lendas, como a da foxa común de Santo Amaro.

Vioño é atacada polo tifus

Vioño é atacada polo tifus

A aldea de Vioño é atacada polo tifus en 1832. Non obstante, a enfermidade non chegou para quedarse: dous meses despois deuse por concluída a epidemia.

A capela dos misterios

A capela dos misterios

O interior da capela de Santo Amaro, onde se podería atopar a foxa común dos coruñeses mortos por tifus en 1832.

A capela, fonte de misterios

A capela, fonte de misterios

Primeiro caso de cólera en 1833

Primeiro caso de cólera en 1833

O 19 de xaneiro de 1833 estala en Vigo o primeiro caso de cólera. Tratábase dun calafete do barrio do Arenal, Francisco Conde. Na imaxe, a referencia do informe de Nicolás Taboada y Leal, o doutor que o diagnosticou, sobre o doente.

O doutor Nicolás Taboada y Leal

O doutor Nicolás Taboada y Leal

O médico que diagnostica o primeiro caso de cólera de 1833.

O lazareto de San Simón (Vigo)

O lazareto de San Simón (Vigo)

En 1842 comezan as obras para construír un lazareto na illa de San Simón (Vigo), que acollería aos enfermos de cólera, ca fin de que pasasen a corentena alí. Converteuse no segundo de España con esas características.

Vista do lazareto de San Simón

Vista do lazareto de San Simón

Galicia padece unha crise agraria

Galicia padece unha crise agraria

Nos derradeiros meses de 1852 e primeiros de 1853, toda Galicia sofre unha grande crise agraria, perdendo, fundamentalmente, as colleitas de pataca, castaña e maíz. Na provincia de A Coruña perdeuse, ademais, trigo e centeo, sendo os campesiños os máis afectados.

Rosalía de Castro, crítica

Rosalía de Castro, crítica

A raíña do Rexurdimento galego é crítica coa crise de fame que padecen os galegos. Afincada en Santiago de Compostela, describe nun relato a pobreza e fame imperantes.

Juana de Vega

Juana de Vega

Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina, acolle baixo a súa custodia en 1853, por petición do alcalde, a dirección e mantemento do hospital provisional para os coléricos habilitado no antigo cuartel de Artillería, así coma o novo hospicio.

Como consecuencia, o tifus de novo

Como consecuencia, o tifus de novo

O 15 de xuño de 1853 xorde en Betanzos unha nova epidemia de tifus.

Santuario da Virxe da Barca

Santuario da Virxe da Barca

Rosalía de Castro contrae o tifus en 1853, cando se atopaba nas festas da Nosa Señora da Barca (Muxía), xunto a Eduarda Pondal -irmá de Eduardo Pondal-. Rosalía sobreviviu, mais a súa aimga non.

Nosa Señora da Barca

Nosa Señora da Barca

Primeira páxina do poema escrito por Rosalía de Castro, e publicado en 'Cantares gallegos', no que fala da festa da Virxe da Barca á que acudiu e onde contraxo o tifus.

© 2015

bottom of page