top of page

A difteria non é cousa do pasado

 

A madrugada do 27 xuño morría Pau, un neno de seis anos que padecía difteria. Un caso que nos traslada cara atrás no  tempo; ao número 14 de Payo Gómez onde os Ruiz Picasso choraron a morte de Conchita. Naquela  época non existía a vacina preventiva e o soro antidiftérico non chegou a tempo. No ano 2015, este menor de Olot non estaba vacinado por decisión paterna. O soro antidiftérico si chegou a tempo, traído desde Rusia, ao Hospital Vall d´Hebrón. Porén, as medidas tomadas non foron suficientes.

0

drama que conmoveu a España facía saltar as alarmas o día 28 de maio cando o pequeno Paul foi ingresado no Hospital Comarcal de Olot. O neno manifestaba dende o día 23 de maio todos os síntomas propios desta enfermidade, pero nada fixera presaxiar a desgraza. O día 30 o Centro Nacional de Microbioloxía confirmaba que, tras 28 anos sen ningún caso diagnosticado, a difteria volvía ao noso país. Trala diagnose, o neno foi trasladado á Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Vall d´Hebrón. Alí comezou a procura desesperada da antitoxina que Roux descubrira en 1894. Debido á xeneralización da vacina preventiva, España non contaba con stock deste fármaco que tivo que ser trasladado desde Rusia. As causas do contaxio do neno se descoñecen a ciencia certa. É probable que estivese en contacto cun enfermo leve ou asintomático que aínda portase a bacteria. A idade de Paul é considerada de risco en materia de enfermidades infecto-contaxiosas. O pequeno non estaba vacinado por decisión dos seus pais. Isto fixo que no noso país se reabrise o debate sobre a obrigatoriedade de vacinación.

O feito de que o neno permanecese en contacto con outras persoas posibilitaba o espallamento da enfermidade. Leváronse a cabo rigorosos controis no centro escolar Cor de Maria de Olot no que estudaba Paul. Así mesmo, os seus pais recibiron un recordatorio da vacina e a irmá do pequeno, que tampouco estaba vacinada, recibiu o tratamento de inmediato. A nai de Paul era partidaria da medicina natural e traballaba nunha clínica de homeopatía. Porén, ante a gravidade das circunstancias e deixando atrás convicvións autorizou a vacinación da súa filla. O presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, Xosé Carro Otero, falaba así dos perigos que conleva a non vacinación dos máis pequenos.

O pequeno continuou coa loita pola supervivencia mentres en España acaparaba as portadas dos xornais. Os antivacinas reivindicando o dereito a decidir, capitaneados pola monxa Teresa Forcades, quen levaba anos perseguindo que o Ministerio de Sanidade e as Industrias Farmacéuticas asumisen os seus abusos pola epidemia da gripe A. 

O día 27 de xuño a tráxica historia tocaba ao seu fin. Paul morría entre estertores incapaz de ganarlle o pulso á difteria. Unha historia que, inevitablemente, retrotráenos a 1895, á cidade da Coruña, onde o día 10 de xaneiro Conchita dicía adeus para sempre á vida. Ambos morrían de difteria, tamén coñecida como garrotillo, polas similitudes entre esta morte e a tortura do garrote vil. O adeus de Paul foi, pola contra, moito máis mediático que o Responso pola morte de Conchita.

Titular do xornal El País, 7 de xuño de 2015 | Fonte: Hemeroteca El País

Titular do xornal ABC, 4 de xuño de 2015 | Fonte: Hemeroteca ABC

Titular do xornal El País, 1 de novembro de 2009| Fonte: Hemeroteca El País

 Vídeo Las Campanas de la Gripe A | Teresa Forcades. 2009

Informativo de TVE, 27 de xuño de 2015 | Fonte: todotele.com

Titular do xornal El País, 27 de xuño de 2015 | Fonte: Hemeroteca El País

© 2015

bottom of page