ado en Asturias, este home gañaría a pulso o título de galego adoptivo. Comezou os estudos de Medicina en Oviedo pero os remataría na Universidade de Santiago de Compostela. Despois de traballar durante anos no Corpo de Saúde Militar da Coruña, estableceuse como médico privado. Por motivos políticos viviu durante dous anos no exilio en Portugal. Trala revolución da Gloriosa e destronamento de Isabel II, puido volver á cidade herculina. En 1873 obtivo a carteira do Ministerio de Fomento da man de Pi Margall; porén, tralo golpe de Estado de Pavía viuse forzado ao exilio de novo. Regresou á Coruña, onde volcaría os seus esforzos no labor humanitario. Fundou dúas escolas e tomou parte na Fundación da asociación 'Cociña Económica Coruñesa', ademais de ser o seu presidente.
Don Ramón Pérez Costales
por
Retrato de Don Ramón Pérez Costales (1897), obra de Joaquín Vaamonde Cornide. Museo de Belas Artes da Coruña | Fonte: culturagalega
N
Retrato de Don Ramón Pérez Costales (1895), obra de P. Picasso | Fonte: Coleción Privada
O Doutor Moragas, en La piedra angular de Emilia Pardo Bazán, coñecía ao tío de Pablo Picasso, Salvador, co cal compartía o seu amor pola Medicina. Á chegada dos Ruiz Picasso á Coruña, Costales converteuse na pedra angular, no protector da familia malagueña. Vivían, ademais, moi preto, xa que entre o número 14 de Payo Gómez e a mansión do número 12 de Teresa Herrera non había apenas distancia. Costales foi un dos primeiros en apreciar o talento do pequeno Pablito cos pinceis. A pesares de que nun comezo intentara darlle un impulso artístico ao pai, rematou por centrarse no neno. Cada vez que coincidían, o Doutor lle entregaba a Picasso unha tapa de caixa de puros nas que este realizaba as súas pinturas. Todo apunta, ademais, a que Costales recibiu como agasallo o cadro La enferma, un cadro premonitorio do que acontecería con Conchita.
Carta de Costales a La Voz de Galicia, 24 de marzo de 1895 | Fonte: Biblioteca da Deputación de A Coruña
Sen dúbida, os lazos que unen a Costales e aos Ruiz Picasso son tan firmes que este marcha con eles, alegando motivos de saúde. Farano en tren dirección Madrid un 14 de abril de 1895. Alí, na capital, os seus camiños sepáranse. Costales vai cara a terra natal de José Ruiz y Blasco, Málaga, e a familia Ruiz Picasso parte a Barcelona. Costales voltaría anos despois á Coruña, a súa cidade adoptiva. Volvería a atoparse con Conchita. A lenda dicía que os restos de Conchita podían estar no nicho de Costales ou no de Juana de Vega. Estas afirmacións carecen de fundamento. Pero unha cousa é clara: Costales, hoxe, xace a tan só uns metros dos restos da pequena, no primeiro departamento do camposanto. Descansa nun nicho a nome de Fernández Rilo. Nalgún momento a placa de Costales foi substituída por outra. Un simple descoido ou a penitencia por deixar a Conchita sen unha cruz co seu nome; algo que endexamais saberemos.

Nicho de Pérez Costales, xuño de 2015 | Elba de la Barrera
Médico, Ministro de Fomento na Primeira República, protagonista de La piedra angular de Emilia Pardo Bazán, un dos pioneiros na presidencia do Colexio médico de Galicia e primeiro mecenas de Pablo Picasso. Porén, todo isto non bastou para salvar a vida do anxo loiro, da súa Conchita de nácar.