top of page

Fábrica de Calzado Ángel Senra

 

Ás veces o destino quere que vidas que non se cruzan acaben unidas por distintas circunstancias. Ángel Senra é unha desas figuras esquecidas na historia que, de vez en cando, é recuperada como se de un vello recordo se tratase... Unha parte da memoria. 

ngel Senra (1860-1932) morreu catro anos antes do asasinato de José Villaverde. Zapateiro toda a súa vida, aprendeu o oficio na súa Noia natal, primeiro como aprendiz e logo como oficial. Era bo, durante meses traballaba fóra de casa percorrendo os pobos e aldeas da provincia da Coruña en busca de traballo.

 

O seu primeiro taller fundouno no Burgo, de aí trasladaríao a distintos locais ata que atopou o ideal para instalar a súa primeira gran fábrica de calzado no número 15 do Cantón Grande. O seu éxito foi inmediato, e a necesidade de ampliar a fábrica levárono a trasladala á zona coñecida como Camiño Novo, hoxe Juan Flórez. Por entón, xa subministraba botas aos soldados franceses, que participaban na Gran Guerra (1914-1918), e en 1923 decidiu montar unha gran factoría de calzado na Parromeira, hoxe Os Mallos.

 

Senra, un home liberal que chegou a adquirir gran cultura e refinamento, ascendeu na escala social ata converterse nun dos principais industriais da cidade e ser todo un home do republicanismo coruñés. A medida que a súa fábrica de calzado crecía, Senra ía introducíndose na sociedade coruñesa. Foi durante anos vicepresidente da Cámara de Comercio e como republicano e devoto de Pi e Margall, participou en numerosos actos públicos. Foi concelleiro, tenente de alcalde e alcalde en distintos períodos. En 1931, ao proclamarse a República o 14 de abril, despois de ser designado gobernador civil da provincia, foi proclamado por unanimidade alcalde da Coruña

Á

Primeira corporación republicana no Concello de A Coruña. Ángel Senra, segunda fila por abaixo, terceiro sentado pola dereita | Fonte: Arquivo fotográfico ABC

Ángel Senra sitúase na segunda fila por abaixo, é o terceiro sentado pola dereita
Fábrica de calzado Ángel Senra
Fábrica de calzado Ángel Senra
Fábrica de calzado Ángel Senra

A fábrica pechou, pero meses despois era reaberta para subministrar calzado ao bando nacional. Ao bando sublevado. Os golpistas do 36 aproveitaron a fábrica dun alcalde republicano para abastecerse de calzado. 

 

Unha fábrica que gardaba un segredo agochado por un sindicalista durante eses meses que a fábrica estivo abandonada. Nese terreo baleiro, Villaverde escondía unha maleta chea de documentos persoais, sindicais e recortes de xornais... Entre botas militares e recordos libertarios. 

Case ao final da súa vida, ese antigo zapateiro acabaría sendo alcalde da cidade. Mais, debido a unha grave enfermidade, presentou su dimisión apenas cuatro meses despois. Morrería pasado un ano. 

 

Á súa morte sucedeulle á fronte da fábrica o seu fillo Ángel, que dirixiu o negocio con bastante peor fortuna. A mala administración, a caída do mercado que florecera á calor da contenda mundial e o constante acoso dos sindicatos levaron á crise á empresa que fora modélica uns anos antes. En tal situación, Anxo Senra, fillo, anunciou en decembro de 1935 que se vería obrigado a pechar se a Asociación Patronal non se facía cargo da fábrica e da súa produción e poñía freo ao acoso sindical. Fíxollo saber o presidente da Patronal, José Pérez Cepeda, pero foi inútil, e a fábrica botou o peche na data anunciada: 1936.

© 2015

bottom of page