por
soro antidiftérico nacería ao redor do ano 1894 tralo descubrimento do bacilo produto por parte de Edwin Klebs e Friedrich Loeffler. A soroterapia experimental levada a cabo por Roux e Yersin comenzou a ofrecer resultados positivos. No ano 1894 o doutor Roux amosaría, nun congreso en Budapest, as potencialidades da extración de soro de animais equinos. Os cabalos eran unha posible solución contra ese mal que mermaba Europa. Estes avances médicos foros aplaudidos polos medios de comunicación de todo o mundo. Algo que ao doutor Pérez Costales non lle pasou desapercibido.
Probablemente Don Ramón Pérez Costales tivese convencimento das bondades do soro a través dos doutores españois, Manuel Sanz Bombín e Antonio Mendoza, que foron enviados a estudar esta nova técnica a Berlín e París. De todos os animais, os cabalos eran os máis adecuados para a extracción do soro. Toleraban a toxina moito mellor que os cans, as cabras, etc. Os cabalos requerían, ademais, unhas características determinadas, tal e como sinala o profesor José Tuells da Universidade de Alicante: unha idade comprendida entre catro e dez años, preferiblemente da mesma raza, cabalos de tiro, tamén os impropios para o servicio activo por ter algún defecto nos seus membros. Debían, así mesmo, estar ben alimentados e non ter danado ningún órgano interno, fundamentalmente os riles. Reunidos os caballos aptos, iniciábase un procedemento que consistía nunha pequeña sangría da iugular. O soro resultante ensaiábase para comprobar o poder inmunizante natural de cada animal, agrupándoos logo segundo soportaban mellor e máis rápidamente a inmunización. O presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, Xosé Carro Otero, explica as facilidades que ofrecían os cabalos para a fabricación do remedio antidiftérico.
O doutor Tuells ten publicado un estudo pormenorizado sobre o soro antidiftérico que podes consultar para ampliar información.
Aínda que o soro non chegou a tempo para salvar a Conchita, serían moitos os galegos que se beneficiarían del a comezos do século XX.
O profesor Carro Otero lembra a importancia do soro antidiftérico e da posterior vacina para o avance da Medicina. Porén, cómpre lembrar que o soro antidiftérico tivo que ser empregado no noso país fai tan só uns meses para tratar de salvar a vida dun neno catalán que padecía difteria.

Os cabalos da difteria
Nas derradeiras décadas do século XIX a difteria converteuse nunha das principais causas de mortalidade infantil en Europa. Concretamente, no noso país supuxo un total de 80.879 defuncións entre 1880 e1885. Existía, ademais, unha enorme confusión ao respecto do tratamento que debía ser empregado. Chegaron a identificarse uns 155 remedios de distinta índole contra o mal diftérico. O pánico reinaba até que o doutor Emile Roux atopou a solución nos cabalos.
O
Carta de Don Ramón Pérez Costales ao director de La Voz de Galicia. Febreiro de 1895 | Fonte: Biblioteca da Deputación de A Coruña
Xornal La Voz de Galicia, ano 1894 | Fonte: Biblioteca da Deputación de A Coruña
Viñeta satírica sobre o efecto do soro antidiftérico, ano 1915