A difteria: coñecendo a enfermidade
No ano 1895, a toxina antidiftérica era xa unha realidade. Numerosos investigadores avanzaban no descubrimento dunha cura para este mal. Porén, as comunicacións na época eran lentas e a petición de soro antidiftérico ao Instituto Pasteur por parte de Pérez Costales foi insuficiente para salvar a Conchita. Para entender o contexto da súa morte, presentamos os seguintes datos útiles a cerca da difteria ou garrotillo.
I
por
nfografía relativa á contextualización da enfermidade, as súas causas, cronoloxía e avances científicos na procura dunha cura fiable.

Na actualidade a toxina antidiftérica caeu en desuso por mor do descubrimento, a mediados do século XX, dunha vacina preventiva. Porén, a difteria non é cousa do pasado. Algo que saben moi ben en Olot, onde se viviu un caso con certo arrecendo, certa reminiscencia ao de Conchita Ruiz Picasso.