top of page
Fonte: Biblioteca da Deputación de A Coruña
Elba de la Barrera
Elba de la Barrera

O misterio da sala de autopsias

P

apá está derrotado, non pode máis. Pero é necesario certificar a morte de Conchita, aínda que o corpo non estea para trámites burocráticos. No seu lugar, acode don Manuel Cestelo y Rey, escribinte, ao Rexistro do Xulgado Municipal número 1. Eran as 10:30 da mañá e a morte da miña irmá era xa oficial. Lembro como papá abriu o xornal esa mañá e empalideceu, de súpeto, coma se estivese a ver unha pantasma nas follas de sociedade. A súa filla menor sen enterrar e o xornal falando das bondades do soro antidiftérico que Bombín e Mendoza estudaban en Berlín e París. Ese soro que non chegara a tempo. Esa antitoxina que aterrou na Coruña o día 23 de xaneiro, traída dende o Instituto Pasteur. 13 días tarde. 13, o número da mala sorte. Comezaba a volverme un tanto supersticioso. Pero volvamos ao día 11 e aos motivos que paralizaban o enterramento da miña irmá. Deixando atrás protocolos sanitarios, creo que os cartos tiveron algo que ver en todo isto.

Peza publicada en La Voz de Galicia, 11 de xaneiro de 1895 | Fonte: Biblioteca da Deputación de A Coruña.

Fonte: Biblioteca da Deputación de A Coruña

Movimiento de población, 11 de xaneiro de 1895. La Voz de Galicia | Fonte: Biblioteca da Deputación de A Coruña.

A cara e a cruz, a vida e a morte compartindo páxina no xornal. O dia 11 de xaneiro a miña irmá aparecía mal nomeada no xornal. Defunciones: Concepción Ruiz Picarro, siete. Nin o nome conservou a pobre.

 

O presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, Xosé Ignacio Carro Otero, e o xornalista Rubén Ventureira falan da utilidade de manter o corpo durante 48 horas na sala de autopsias do camposanto. Mentres o xornalista afirma que era por protocolo en casos de enfermidades infecto-contaxiosas, o doutor Carro mostra escepticismo a este respecto. Fala, porén, de certos casos nos que os enterrados non estaban mortos realmente e os ataúdes aparecían rabuñados.

Antiga sala de autopsias do camposanto de Santo Amaro e actual almacén, xuño de 2015 | Elba de la Barrera

O día 12 de xaneiro, xa sexa porque se cumpriu o tempo establecido polo protocolo sanitario ou porque o meu pai logrou reunir os cartos necesarios para mercarlle unha cruz a Conchita, a enterramos. Pero, como veremos a continuación, nin sequera hoxe podo asegurar a ciencia certa onde descansa a miña irmá. Só sabemos que mira ao mar, nalgún punto inexacto do cemiterio de Santo Amaro.

É día 11 de xaneiro e a miña irmá xace na sala de autopsias do cemiterio da Coruña, situado na rúa Orillamar. A que agardan para enterrala? Por que non a deixan en paz? Na nosa casa continúan as pulverizacións para aniquilar á  bacteria. Parece que a influencia de Costales incita ao Concello a manter absoluta meticulosidade connosco. Ese mesmo día, coma unha broma de mal gusto, o xornal La Voz de Galicia publica unha noticia sobre a efectividade do antidiftérico de Roux.

© 2015

bottom of page